Instrucción de reducción de xornada para o ano 2024
O SERGAS elabora esta instrucción para a aplicación do acordo de 20 de abril 2023
- Sanidade Pública
- Xornada
O SERGAS dá por pechada a negociación das Instrucións de redución de xornada para o ano 2024
Para CIG-Saúde o acordo de redución de xornada que asinamos o 20 de abril de 2023 é de aplicación para todo o persoal do SERGAS sen excepción, e debe recoñecerse que a xornada ordinaria no 2024, con carácter xeral, será de 1575 horas.
Pero que fai o SERGAS?
A instrución emitida polo SERGAS recolle a OBRIGA dos/as FEAs, Médico/a de familia, pediatra de AP e FEAP de facer as xornadas programadas de sábados, retribuíndo como garda ata un máximo de 10 sábados.
No caso do persoal enfermeiro, a realidade supera as instrucións, xa que o que debera ser a excepción pasa a ser a norma, establecendo a realización e pago dos sábados de oficio sen comprobar se é posible a contratación.
Que defende CIG-Saúde?
Para CIG-Saúde a primeira opción ten que ser que os/as profesionais poidan reducir a xornada, cubrindo esa ausencia mediante persoal contratado.
Só no caso de que isto último non sexa posible pola falta de profesionais, se compensará a realización da quenda retribuíndoa polo valor de garda de presenza física.
CIG-Saúde defende o acordo asinado e esixe a aplicación do mesmo en igualdade de condicións para todas as categorías!