INSTRUCCIÓN QUE FACULTA ÁS XERENCIAS TRASLADAR ENFERMEIRXS A TRABALLAR EN PRIMARIA A UNIDADES DE UCI, REA E QUIRÓFANOS
- Monforte
Esta instrución faculta ás xerencias para poder trasladar ao hospital enfermeirxs que estean a traballar en primaria, e que teñan experiencia en UCI, REA e quirófanos.
Descargar Instrucción 09/2020
Ante as dúbidas expostas sobre a retribucións que percibirán o persoal de enfermería de atención primaria que en aplicación da Instrución 9/2020 dá Xerencia do Servizo Galego de Saúde, sobre medidas excepcionais de reforzo das unidade de coidados intensivo, pase a prestar servizos en hospital procede aclarar o seguinte:
1.- Manterán as retribucións correspondentes ao posto de traballo de primaria que ocupen no momento que se produza a mobilidade.
2.-En caso de realizar atención continuada (noites e festivos) nas unidades hospitalarias, percibirán as contías correspondentes conforme á Orde de confección de nóminas.
Desde CIG-SAÚDE solicitamos que se inclúa un 3º apartado referente á retribución correspondente á quenda rotatoria complexa. Xa que a prestación de servizo nestas unidades será a de unha rotación completa: mañá, tarde e noite.
Agardamos sexa tida en conta esta solicitude, xa que as/os profesionais teñen dereito a percibir as retribución que corresponde á prestación de servizo realizada.