Instrucións para a aplicación da redución de xornada do ano 2023, do acordo de Mesa Sectorial do 20 de abril

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

1- Persoal incluído no ámbito de aplicación do réxime de xornada do Acordo de Concertación Social do ano 2001 (ACS) e persoal asimilable.

  • Persoal con quenda fixa diurna ou rotatoria simple: xornada ordinaria de 1.624 horas.

Cando a redución de 21 horas non poida aplicarse nas quendas de sábado (3), porque a xornada está a completarse fóra dese día (de luns a venres), a redución aplicarase igualmente neses horarios axustados.

  • Enfermaría de Atención Primaria e PSX con quendas de mañá, tarde e deslizantes: a redución de 21 horas aplicarase nas quendas de sábado (3) programadas a partir de 1 de xullo 2023, con independencia da cadencia de sábados que teña asignada.

Persoal enfermeiro: de no ser posible a cobertura deses sábados por indispoñibilidade de persoal, aboarase unha compensación pola realización de ata 3 sábados (150,22 € por sete horas en cada sábado, ou contía proporcional por horas realizadas).

Noutras categorías: cando as características do servizo ou a actividade realizada en sábado dificulte a substitución, ou sexa previsible que se esgoten as listas de aspirantes de selección temporal, a prestación de servizos nos sábados obxecto da redución compensarase cunha libranza na semana seguinte (prioritariamente o luns).

CIG-Saúde esixe a retirada deste último parágrafo da instrución xa que é contrario ao acordado. Recoller este descanso alternativo abre a porta a que dende as xerencias impoñan o descanso alternativo no luns de forma sistemática sen valorar a posibilidade de que se poida cubrir con persoal temporal o sábado. O SERGAS quedou en valorar unha nova redacción.

  • Persoal con quendas rotatorias: aplicarase unha redución neta de 21 horas sobre a xornada que resulte do ACS que xa teña asignada en función do número de noites ata a xornada mínima de quenda nocturna de 1.430 horas.

- Vínculos de duración igual ou inferior aos 31 días: X (D) = 1624*D/329.

- Vínculos superiores aos 31 días que realicen noites:

                              Suposto xeral: X (D) = 1620*D/329-3*N(D).

                              Suposto excepcional (proxección anual de noites superior a 63): X (D) = 1430*D/329.

  • PSX dos PACs: aplicarase unha redución neta de 21 horas sobre a xornada que teña asignada.

CIG-Saúde solicitamos que quede claro que a xornada dos PSX de PAC é a do Acordo de concertación social coa redución por noites, dado que hai variabilidade entre as diferentes áreas sobre o cómputo de xornada neste colectivo.

 

2- Persoal médico de urxencias hospitalarias e persoal médico e enfermeiro dos PACs.

  •  Persoal que veña traballando en quenda fixa diurna: 1.624 horas.
  • Persoal con sucesión de quendas e prestación en horario de noite: 1.430 anuais (130 mensuais, a partir das cales iníciase o cómputo de xornada complementaria).

 

3- Persoal facultativo de atención hospitalaria (FEA, médico/a de admisión, médico/a de HADO), médico de familia e pediatra de atención primaria, FEAP (na súa xornada ordinaria como médico/a de familia):

  •  Nova xornada ordinaria de 1.624 horas.
  • A redución das 21 horas aplicarase con cargo a quendas de sábado (3) programadas a partir de 1 de xullo 2023 -con independencia da cadencia de sábados que teña asignada- e mediante unha compensación pola realización de ata 3 sábados (188,86 € por sete horas en cada sábado, ou contía proporcional por horas realizadas).

 

4- Persoal residente en formación (MIR, EIR...).

  •  Nova xornada ordinaria de 1.624 horas.
  • A redución das 21 horas aplicarase en quendas de sábado, segundo o caso, co anteriormente exposto para o persoal facultativo e enfermeiro estatutario.

 

O SERGAS limita a súa resposta a dicir que cando se dese a circunstancia de que alguén tivera que facer un sábado que debera librar, terá que compensarse noutro día.

CIG-Saúde esixe a publicación cante antes do acordo, e que se aplique en todas as xerencias a partir do 1 de xullo sen excepcións, tal e como foi asinado.

Se tes que facer o sábado do día 1 de xullo, e te restan por facer 3 ou menos sábados este ano, tes que solicitar que
te apliquen o acordo. De non ser así, ponte en contacto cos/as delegados/as de CIG-Saúde!!!

Volver