Instrucións sobre o réxime de permisos e vacacións e permisos 2021

CIG SAÚDE Vigo rexeita as instrucións publicadas de xeito unilateral pola Xerencia de Vigo

  • Instrucións vacacións
  • Xerencia Área Sanitaria de Vigo

As Instrucións que se nos presentan inciden, un ano máis, na dificultade de cobertura de ausencias que se está a producir desde o ano 2016 para xustificar a necesidade de establecer restricións no dereito ao goce das vacacións e permisos.


CIG-Saúde rexeita esta xustificación, xa que non se acompaña de medidas encamiñadas a atopar unha solución real ao problema, como facilitar a conciliación do persoal, tanto fixo como das listas de contratación, ofertar contratos estables que fagan atractivas as listas de contratacións, dimensionar os cadros de persoal para regular as cargas de traballo e permitir xestionar de xeito máis eficiente as ausencias imprevistas, etc.
 
A única solución ofertada pola Xerencia foi o aumento de pool e o incremento da contratación precaria.

Volver