Interpretación do criterio de antigüidade na preferencia para elexir vacacións publicada pola Xerencia da Área Sanitaria de Vigo.

A Xerencia da Área Sanitaria de Vigo establece cal debe ser o criterio de antigüedade para o inicio de rotación na elección de vacacións en caso de ausencia de acordo na unidade.

  • Instrucións vacacións
  • Vigo
  • Xerencia Área Sanitaria de Vigo

As instrucións sobre ordenación dos calendarios de vacacións do persoal da Area Sanitaria de Vigo establecen uns criterios básicos de elección dos períodos a gozar por de cada traballador/a no ámbito da unidade na que traballa.
 
Tales principios básicos son:
(1) Principio de rotación, polo cal a preferencia de elección sigue un determinado orden rotativo nos anos sucesivos.
(2) Acordo da unidade, polo cal prima o acordo do persoal da unidade e da categoría correspondente na definición do método de ordenación da preferencia inicial e do método de rotación dos anos sucesivos.
(3) A falta de acordo na unidade, ofrece un criterio de preferencia inicial baseado na antigüidade, aplicando o principio de rotación nos anos sucesivos.  
 
Tendo xurdido dúbidas sobre a interpretación que deba darse ao criterio subsidiario da ordenación inicial en base á antigüidade nos casos nos que non exista acordo na unidade, a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo considerou oportuno definir un criterio de interpretación de xeral aplicación.
 
A estes efectos, proponse aplicar os criterios de determinación da antigüidade que se indican a continuación, referida á categoría na que se disfrutan as vacacións:
1º Persoal fixo, por orden de antigüidade na praza fixa en Vigo. En caso de empate, antigüidade na praza fixa no conxunto do SNS. En caso de empate, antigüidade total (fixa+temporal) no SNS.
2º Persoal temporal, por orde de antigüidade da data da súa vinculación, entendida como a vixente máis as anteriores vinculacións sempre que fosen ininterrumpidas. En caso de empate, antigüidade total no SNS.
 
Dita ordenación proponse en concordancia cos criterios xeralmente utilizados para ordenar outros procesos de concorrencia como mobilidades ou reordenacións, e tendo en conta que debe ser de aplicación excepcional a falta de acordos específicos na unidade e iniciando un sistema rotativo nos anos sucesivos.
 
Esto trae como consecuencia que unha vez determinada a orde de antigüidade, no primeiro ano que se inicia a rotación, este marca as sucesivas vacacións en rotación dos demais, non podendo cada ano reiniciarse pola orde de antigüidade porque nese caso non estaría garantida a rotación, sen non que sempre tería prioridade na elección de vacacións o persoal de mais antigüidade, criterio que non é o establecido.  

Volver