Lista definitiva de selección temporal de TCAE
Publicado hoxe en DOG
- Selección Temporal
Apróbase a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas admitidas no proceso de actualización da lista para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A lista entrará en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (10 de abril de 2014).