Listado definitivo dos/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega, e nomeamento do tribunal cualificador na OPE de médico/a de familia de atención primaria
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
Declarase, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.
Nomease, con efectos da data da presente resolución, os membros do tribunal, titulares e suplentes que xulgarán o proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.
De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 14 de decembro de 2022, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.