Listado informativo de aspirantes seleccionados/as no concurso de méritos de enfermeira/o

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

O SERGAS publica na páxina web (ver AQUI), nota informativa na que se indica que está previsto que o próximo venres 16 de Xuño se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, relativo á baremación definitiva e a publicación dos/as aspirantes seleccionados.

A efectos informativos publícase na páxina web a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas. Inclúese en dito anexo a puntuación desagregada nos distintos apartados do baremo e os datos numéricos utilizados nos criterios de desempate.
 
O día da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, publicarase á puntuación definitiva de todos os aspirantes que participaron no proceso selectivo convocado por Resolución do 26 de decembro de 2022, teñan resultado seleccionados ou non.
 
Cando se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia abrirase o prazo de un mes para presentar documentación nos termos indicados na resolución.

 

Volver