Listas contratación: inicio prazo de inscrición enxeñeiro/a superior biomédico/a
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Hoxe publicouse no DOG a Resolución pola que se inicia o prazo de inscrición nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enxeñeiro/a superior biomédico/a no ámbito das insitucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.
Para a primeira xeración de listas o prazo de inscrición será de 15 días hábiles seguintes á publicación desta resolución (do 26 de outubro ao 16 de novembro).
Os méritos computables serán os causados ata o día inmediatamente anterior á publicación, que consten acreditados na data límite da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
É unha única lista onde o ámbito territorial de inscrición nestas listas será autonómico, as persoas aspirantes poderán seleccionar aquel distrito e/ou distritos en que soliciten prestar os seus servizos con carácter preferente.
Enlace DOG