Listas de contratación provisionais de técnico/a superior en ciencias da información

Publicado hoxe en DOG

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de técnico/a superior en ciencias da información.

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (dende o 13 ata o 26 de xaneiro de 2023).

Para consultar a listaxe pulsa aqui.

Volver