Listas de contratacións: publicación das listas definitivas de diversas categorías

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

  • celador/a,
  • celador/a-quenda de discapacidade intelectual,
  • técnico/a en farmacia,
  • técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía,
  • técnico/a superior en dietética,
  • técnico/a superior en documentación sanitaria,
  • técnico/a superior en hixiene bucodental,
  • técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico,
  • técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
  • técnico/a superior en radioterapia.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso de reposición no prazo de un mes, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As listas entrarán en vigor o día 5 de agosto de 2025.

Volver