Listas definitivas de concurso-oposición de varias categorías no SERGAS.
Listas definitivas de admitidas/os, excluídas/os así coma exentos e non exentos, no exercicio de lingua galega
- Oposicións
RESOLVE:
Primeiro. Declarar con carácter definitivo, e por categoría, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías:
– Persoal sanitario facultativo: farmacéutico/a de atención primaria, médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a xeral da ADOS, odontólogo/a de atención primaria e médico/a asistencial do 061.
– Persoal sanitario non facultativo: logopedista, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional e dietista-nutricionista.
– Persoal non sanitario: condutor/a, fontaneiro/a, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, traballador/a social, mecánico/a, lavandeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, calefactor/a, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, celador/a e electricista.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección xeral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Novas Relacionadas