Listas definitivas de selección temporal de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Aprobase a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia, reguladas polo vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 240, do 18 de decembro de 2018).
As listas co número de orde e coa puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Novas Relacionadas
Últimas novas