Listas definitivas de selección temporal de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Para ver as listas pincha aquí.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De modo excepcional para estas categorías/especialidades, dada a proximidade da data de publicación destas listas coa data final de dispoñibilidade da inscrición editable no programa Fides/expedient-e (30 de xuño), as persoas aspirantes que desexen facer algunha modificación na súa inscrición de cara ao próximo proceso de actualización de listas, que terá lugar no ano 2025, poderán realizala ata o 31 de xullo de 2024.