Listas definitivas de selección temporal de enfermeiro/a e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Publicado hoxe en DOG

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Aprobase a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas están publicadas á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Volver