Listas definitivas de selección temporal de persoal funcionario sanitario lei 17/1989

Publicado hoxe en DOG

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Nos colectivos profesionais que se indican a seguir:

1. Clase de inspector/a médico/a.

2. Clase de inspector/a farmacéutico/a.

3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas e licenciado/a en Psicoloxía.

5. Clase de subinspector/a sanitario/a.

6. Clase de ATS/DUE.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Volver