Listas definitivas de selección temporal de varias categorías
Publicadas hoxe en DOG
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Apróbase a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de :
- albanel,
- bibliotecario/a,
- calefactor/a,
- carpinteiro/a,
- condutor/a,
- costureiro/a,
- electricista,
- enxeñeiro/a superior biomédico/a,
- enxeñeiro/a técnico/a,
- fontaneiro/a,
- grupo de xestión da función administrativa,
- grupo técnico da función administrativa,
- lavandeiro/a,
- mecánico/a,
- pasador/a de ferro,
- perruqueiro/a,
- técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación,
- técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais,
- técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información,
- técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información,
- técnico/a superior en ciencias da información,
- técnico/a superior en prevención de riscos laborais,
- técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e
- telefonista.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (1 de outubro de 2024).
Novas Relacionadas
Últimas novas