Listas definitivas de selección temporal de varias categorías

Dietista-nutricionista, facultativo/a especialista de área de medicina do traballo, facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, odontólogo/a de atención primaria, terapeuta ocupa

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Apróbase a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de:

  • dietista-nutricionista,
  • facultativo/a especialista de área de medicina do traballo,
  • facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica,
  • farmacéutico/a de atención primaria,
  • fisioterapeuta,
  • logopeda,
  • odontólogo/a de atención primaria,
  • terapeuta ocupacional e
  • traballador/a social.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Volver