Listas definitivas de selección temporal de varias categorías
Publicado hoxe en DOG
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Categorías de:
- enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental,
- enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo,
- enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria,
- enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a),
- enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica,
- médico/a de familia,
- médico/a de urxencias hospitalarias,
- médico/a coordinador/a do 061,
- médico/a asistencial do 061 e
- pediatra de atención primaria.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.