Listas provisionais admitidas e excluídas e as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas e as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas clases de ATS/DUE e inspector/a médico/a persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021, modificada pola Resolución do 27 de decembro de 2022.

As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles (do 5 ao 20 de abril de 2023) , para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixiu a instancia de participación.

Volver