Listas provisionais de contratación da categoría de nutricionista- dietista

Publicado hoxe en DOG

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de dietista-nutricionista.

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (do 26 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2023).

A aceptación ou a desestimación das reclamacións presentadas entenderanse implícitas na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

Volver