Listas provisionais de contratación de varias categorías
Publicado hoxe en DOG
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Publícase a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 13 de xuño de 2016, nas categorías de:
- enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental,
- enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo,
- enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria,
- enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a),
- enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica,
- médico/a de familia,
- médico/a de urxencias hospitalarias,
- médico/a coordinador/a do 061,
- médico/a asistencial do 061,
- pediatra de atención primaria e
- técnico/a de saúde de atención primaria.
Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (do 5 ao 18 de abril).