Listas provisionais de selección temporal de varias categorías
Publicado hoxe en DOG
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Publícase a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 13 de xuño de 2016 nas categorías de:
- facultativo/a especialista da área de medicina do traballo,
- facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica,
- farmacéutico/a de atención primaria,
- fisioterapeuta,
- logopeda,
- odontólogo/a de atención primaria,
- terapeuta ocupacional e
- traballador/a social.
Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (do 21 de xuño ao 4 de xullo de 2023).
A aceptación ou o rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.