Listas provisionais do concurso de méritos de diversas especialidades de FEAs e médicos/as de urxencias hospitalarias
Publicado hoxe en DOG
Declarar, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos para o ingreso nas categorías de médico/a de urxencias hospitalarias e de facultativo/a especialista de área nas especialidades de: Alergoloxía, Análises Clínicas, Anatomía Patolóxica, Anestesioloxía e Reanimación, Anxioloxía e Cirurxía Vascular, Aparello Dixestivo, Cardioloxía, Cirurxía Cardiovascular, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Cirurxía Pediátrica, Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora, Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo, Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía, Endocrinoloxía e Nutrición, Farmacia Hospitalaria, Farmacoloxía Clínica, Hematoloxía e Hemoterapia, Inmunoloxía, Medicina do traballo, Medicina física e Rehabilitación, Medicina Intensiva, Medicina Interna, Medicina Nuclear, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Microbioloxía e Parasitoloxía, Nefroloxía, Neurocirurxía, Neurofisioloxía Clínica, Neuroloxía, Obstetricia e Xinecoloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía Médica, Oncoloxía Radioterápica, Otorrinolaringoloxía, Pediatría e as súas áreas específicas, Pneumoloxía, Psicoloxía Clínica, Psiquiatría, Radiodiagnóstico, Radiofísica Hospitalaria, Reumatoloxía, Uroloxía e Xeriatría, convocados polas Resolucións do 26 de decembro de 2022 e publicar as puntuacións provisionais obtidas polas/os aspirantes admitidas/os no proceso selectivo.
Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, as persoas excluídas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación (do 24 de abril ao 23 de maio).
De conformidade coa base oitava da Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, de convocatoria do proceso, os/as aspirantes admitidos/as poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles ( do 24 de abril ao 8 de maio) , contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formularen reclamación contra os resultados da baremación provisional.
Tales reclamacións serán rexeitadas ou admitidas na resolución definitiva, que aprobará esta Dirección Xeral e que se publicará no Diario Oficial de Galicia, logo da análise das reclamacións presentadas polo tribunal que practicará de ser o caso as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso elevándoas á autoridade convocante.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas