Listas provisionais de selección temporal de varias categorías
      Publicado hoxe en DOG
  
  
  
    
- Selección Temporal
 
Publícase a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 13 de xuño de 2016, nas categorías de:
- celador/a,
 - celador/a-quenda de discapacidade intelectual,
 - técnico/a en farmacia,
 - técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía,
 - técnico/a superior en dietética,
 - técnico/a superior en documentación sanitaria,
 - técnico/a superior en hixiene bucodental,
 - técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico,
 - técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e
 - técnico/a superior en radioterapia.
 
Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (do 23 de maio ao 5 de xuño).
A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.
Novas Relacionadas
Últimas novas