Listas provisonais de selección temporal das categorías de bibliotecario/a e técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación

Publicado hoxe en DOG

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de bibliotecario/a e técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación.

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez (10) días hábiles (do 30 de marzo ao 14 de abril de 2023).

A aceptación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderanse implícitas na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

Consulta as listas aqui:

 

Volver