Lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario.

Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), sección de emprego público, as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas, así como os/as aspirantes asignados/as a cada unha delas.

As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas realizarase a través de código QR. Cada aspirante terá á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e), desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a acreditación persoal con código QR, que deberá imprimir e presentar o día do exame ao persoal colaborador da porta que lle foi asignada, e que lle permitirá o acceso ao interior do lugar de realización das probas.

O código QR conterá información do lugar, da data e da hora de realización dos exercicios, así como a porta de acceso e posto do exame que corresponde a cada aspirante.

Co obxecto de axilizar a entrada ao recinto, a persoa aspirante debe ter á man ambos documentos: código QR e documento de identidade.

Non se lles permitirá o acceso ao interior do recinto de realización das probas aos/ás aspirantes que non presenten o código QR impreso.

Os/as aspirantes deberán respectar as seguintes indicacións:

1ª. O/a aspirante deberá asistir á realización das probas co material mínimo indispensable. Este material irá nun só bolso ou mochila, de tamaño pequeno, que cada aspirante levará sempre consigo e que, durante a realización do exame, deberá situar no chan.

2ª. Non estará permitido o acceso do/da aspirante ao interior do recinto con alimentos, agás causa médica xustificada.

3ª. Todos/as os/as aspirantes presentados/as ás probas selectivas terán á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e) o certificado de asistencia ao exame, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios. Non se facilitará ningún certificado no lugar de realización das probas.

Data e hora das probas selectivas

Categoría/Especialidade

Data

Hora

Facultativo/a especialista en Alergoloxía

Sábado, 16 de marzo

9.30

Facultativo/a especialista en Anatomía Patolóxica

Facultativo/a especialista en Anxioloxía e Cirurxía Vascular

Facultativo/a especialista en Cirurxía Cardiovascular

Facultativo/a especialista en Cirurxía Oral e Maxilofacial

Facultativo/a especialista en Cirurxía Pediátrica

Facultativo/a especialista en Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora

Facultativo/a especialista en Dermatoloxía Médico-cirúrxica e Venereoloxía

Facultativo/a especialista en Endocrinoloxía e Nutrición

Facultativo/a especialista en Medicina Física e Rehabilitación

Facultativo/a especialista en Medicina Intensiva

Facultativo/a especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía

Facultativo/a especialista en Nefroloxía

Facultativo/a especialista en Neurocirurxía

Facultativo/a especialista en Oftalmoloxía

Facultativo/a especialista en Oncoloxía Médica

Facultativo/a especialista en Otorrinolaringoloxía

Facultativo/a especialista en Pneumoloxía

Facultativo/a especialista en Psiquiatría

Facultativo/a especialista en Uroloxía

Facultativo/a especialista en Xeriatría

Médico/a Admisión e Documentación Clínica

Médico/a Asistencial do 061

Facultativo/a especialista en Anestesioloxía e Reanimación

Sábado, 16 de marzo

16.00

Facultativo/a especialista en Aparello Dixestivo

Facultativo/a especialista en Cardioloxía

Facultativo/a especialista en Cirurxía Torácica

Facultativo/a especialista en Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo

Facultativo/a especialista en Hematoloxía e Hemoterapia

Facultativo/a especialista en Medicina Interna

Facultativo/a especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública

Facultativo/a especialista en Neuroloxía

Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas

Facultativo/a especialista en Psicoloxía Clínica

Facultativo/a especialista en Radiodiagnóstico

Facultativo/a especialista en Reumatoloxía

Médico/a Coordinador do 061

Volver