Lugar, data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías no SERGAS

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Sistema sanitario público de Galicia, convocados polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022

Data e hora das probas selectivas

Categoría/especialidade

Data

Hora

Enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a)

Sábado, 3 de febreiro de 2024

9.00

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

Técnico/a xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Terapeuta ocupacional

Grupo auxiliar da función administrativa

Sábado, 3 de febreiro de 2024

16.00

Enxeñeiro/a técnico/a

Domingo, 4 de febreiro de 2024

9.00

Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica

Enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental

Odontólogo de atención primaria

Celador/a (quenda libre, promoción interna e discapacidade xeral)

Domingo, 4 de febreiro de 2024

16.00

Celador/a quenda discapacidade intelectual

Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria

Sábado, 10 de febreiro de 2024

9.00

Fisioterapeuta

Técnico/a superior en hixiene bucodental

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas realizarase a través de código QR. Cada aspirante terá á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (Fides/ expedient-e), desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a acreditación persoal con código QR, que deberá imprimir e presentar o día do exame ao persoal colaborador da porta que lle foi asignada, e que lle permitirá o acceso ao interior do lugar de realización das probas.

Os/as aspirantes deberán respectar as seguintes indicacións:

1ª. O/a aspirante deberá asistir á realización das probas co material mínimo indispensable. Este material irá nun só bolso ou mochila, de tamaño pequeno, que cada aspirante levará sempre consigo e que, durante a realización do exame, deberá situar no chan.

2ª. Non estará permitido o acceso do/da aspirante ao interior do recinto con alimentos, agás causa médica xustificada.

3ª. Todos/as os/as aspirantes presentados/as ás probas selectivas terán á súa disposición, na Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e), o certificado de asistencia ao exame a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios.

Volver