Lugar, data e hora dos exercicios de oposición de diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 09.00 horas, as seguintes clases:

  • ATS/DUE.
  • Inspector/a médico/a.
  • Licenciado/a en ciencias químicas.
  • Farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 16.00 horas, as seguintes clases:

  • Licenciado/a en farmacia.
  • Licenciado/a en medicina e cirurxía.
  • Licenciado/a en ciencias biolóxicas.
  • Licenciado en psicoloxía.
  • Subinspector/a sanitario/a.

Domingo, 25 de xuño de 2023, ás 10.00 horas:

  • clase de inspector/a farmacéutico/a.

Publicase na páxina web do Servizo Galego de Saúde, as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas, así como os/as aspirantes asignados/as a cada unha delas.

Así mesmo, por razóns organizativas, cada aspirante terá asignado un número de posto de exame (mesa) que deberá ocupar para realizar as probas, e que se anticipará para os efectos informativos na mesma páxina web.

As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas realizarase a través de código QR. Cada aspirante terá á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e), desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a acreditación persoal con código QR, que deberá imprimir e presentar o día do exame ao persoal colaborador da porta que lle foi asignada, e que lle permitirá o acceso ao interior do lugar de realización das probas.

O código QR conterá información do lugar, data e hora de realización dos exercicios, así como do posto de exame que deberá ocupar o/a aspirante.

Co obxecto de axilizar a entrada ao recinto, a persoa aspirante debe ter á man ambos os documentos: código QR e documento de identidade.

Non se lles permitirá o acceso ao interior do recinto de realización das probas aos/ás aspirantes que non presenten o código QR impreso.

Os/as aspirantes deberán respectarse as seguintes indicacións:

1ª. O/a aspirante deberá asistir á realización das probas co material mínimo indispensable. Este material irá nun só bolso ou mochila, de tamaño pequeno, que cada aspirante levará sempre consigo e que, durante a realización do exame, deberá situar no chan.

2ª. Non estará permitido o acceso do/da aspirante ao interior do recinto con alimentos, agás causa médica xustificada.

3ª. Todos/as os/as aspirantes presentados/as ás probas selectivas terán á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e) o certificado de asistencia ao exame, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios.

Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios, non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria. Está prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos e non se habilitará no recinto ningún servizo para a súa recollida.

Volver