Máis de 10 anos denunciando a taxa de reposición
Despois de 10 anos de denuncias continuadas, realizadas pola CIG-SAÚDE, o PP agora vai solicitar do goberno do estado que elimine a taxa de reposición
- Sanidade Pública
- Taxa de reposición
Non o fixo durante os anos no que o PP gobernou en Madrid, non lle importou o dano que estaba a facer á sanidade pública e as/os profesionais que nela traballan.
Ao contrario, durante estes 10 anos aproveitou a situación para eliminar postos de traballo. A Consellaría de Sanidade nos ano 2012/13 publicou dous Planos de Ordenación de RRHH con un único obxectivo: xubilar a todo o persoal que cumpría 65 anos.
No caso do persoal facultativo esta medida ía acompañada dunha diminución das prazas MIR que se convocaron durante estes anos. De aí a falta de pediatras e outras/os profesionais.
Máis o PP e a Consellaría de Sanidade seguen instaurados na súa mentira e na súa falta de transparencia, negándose a:
- Negociar na Mesa Sectorial un Plano de Ordenación de Recursos Humanos que permita identificar as necesidades de persoal nos próximos anos, atendendo ao nº de xubilacións que se van producir.
- Negociar un sistema identificativo de Prazas que permita coñecer con exactitude o cadro de persoal do SERGAS: persoal fixo, interino ,eventual. Así como a situación das prazas: nº de prazas estruturais cubertas con persoal eventual, necesidade de novas dotacións de prazas.
O Conselleiro de Sanidade anuncia que, se o goberno suprime a taxa de reposición, vai convocar no ano 2020 a maior Oferta Pública de Emprego no SERGAS: 3.500 prazas.
Fállalle a memoria, a maior oferta foi no ano 2008/09. Nesta convocáronse 3.939 prazas, entre outras 602 prazas de médica/o de familia. Unha recomendación, mire a web do SERGAS antes de falar:
Que non nos mintan!