Médicos/as urxencias hospitalarias, ampliación da súa xornada

CIG-Saúde solicitou ao SERGAS a convocatoria urxente da comisión do acordo de FEAs de urxencias hospitalarias

  • AgMédica
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde solicitou convocatoria urxente de reunión da Comisión de Seguimento do “Acordo sobre xornada, retribucións, e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde”.

Dada a situación de tódolos servizos de urxencias hospitalarias do SERGAS

É urxente avaliar:

  • Os plans funcionais, analizando o exceso de horas voluntarias e/ou obrigatorias, comparando isto respecto dos últimos anos.
  • A contratación de persoal substituto actual.
  • A carga de traballo global nos servizos.

É necesario acadar melloras nas condicións de traballo para facer fronte á situación actual e futura.

Por isto consideramos que é urxente unha reunión da Comisión de Seguimento deste acordo.

Volver