Mañá concentración HUAC. Déficit celadoras/es raios urxencias

  • A Coruña

A Comisión de centro do CHUAC convoca este venres 4 de novembro diante da rotonda do HUAC ás 11:30h concentración.

O motivo da concentración é a falta de celadoras/es deste servizos que leva continuamente incluso a retrasos na demora da realización de probas as/os pacientes.

Esta Comisión xa denunciou en varias ocasións o colapso da sala de espera de raios, tendo pacientes nesta sala sen dotación de persoal propio durante horas, esta situación agrávase coa falta de celadoras/es que fan que aumente a demora na realización de probas e no posterior traslado á unidade de destino.

Levamos xa uns anos denunciando esta situación e esixindo á Xerencia un incremento de profesionais desta categoría, pero esta continua sen dotar dos profesionais necesarios.

Ante isto a Comisión de centro inicia un calendario de concentracións este venres non podendo descartar ningunha medida de presión ata acadar o persoal necesario.

Xogan coa saúde das/os profesionais e das/os pacientes que chegan ao servizo!!

A sanidade é un dereito, non un negocio!!

Volver