Manifestación no Hospital Clínico o 6 de abril ás 12 horas

  • Santiago

Dende CIG SAÚDE COMPOSTELA, convidámoste este  MÉRCORES 6 ABRIL, ÁS 12 Hs, Á MANIFESTACIÓN NA ENTRADA PRINCIPAL DO H. CLÍNICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,  ante a falta de Seguridade nos nosos postos de traballo, trás as Denuncias presentadas diante da Inspección de Traballo por parte desta Central Sindical:

 

  • Falta de vestiarios/taquillas para o persoal tanto fixo como eventual.
  • Falta de estrutura, organización e protocolos no servizo de lencería, para a recollida de uniformidade e entrega en tempo e forma dende o servizo de Lavandería.
  • Falta de planificación de entrega anual de Uniformidade.
  • Falta de Medidas Preventivas na Uci-Adultos, Urxencias de Pediatría e Urxencias de Adultos do H. Clínico
  • Falta de Medidas por parte da Xerencia ante o alto nivel de situación de violencia que están a sufrir xs traballadorxs do H. Psiquiátrico de Conxo.
  • Falta de Medidas Preventivas/correctoras e Planificación no Servizo de Anatomía Patolóxica.
  • Falta de Plan de Autoprotección do H. Provincial de Conxo.
 
A día de Hoxe, hai unha falta de actuación e planificación de execución de medidas pertinentes, por parte da Xerencia desta Área Sanitaria, en relación as múltiples problemáticas existentes, cando é a Xerencia , quen ten a responsabilidade  de velar pola protección dxs traballadorxs.

Volver