Manifestación por un convenio xusto na sanidade privada 12 xaneiro ás 19:30 en Compostela

Por un convenio xusto na sanidade privada!!

  • Sanidade Privada

SITUACIÓN ACTUAL NA NEGOCIACIÓN DO CONVENIO

En decembro do 2022 comézase a negociar o actual convenio.

CIG, UGT e CCOO presentaron de xeito conxunto unha proposta dun novo convenio propoñendo reducir o total de horas de xornada anual, actualizar as táboas salariais e remunerar os domingos traballados, entre outras cousas.

A resposta da patronal foi poñer enriba da mesa a perda de dereitos nos trienios e a perda do salario que percibimos cando estamos de baixa.

No mes de novembro a patronal suspende de xeito unilateral as negociacións poñendo como escusa a proposta de redución de xornada laboral anunciada no acordo de goberno PSOE-Sumar e nun posíbel incremento do SMI.

A día de hoxe e tras dúas xornadas de folga, a patronal continúa sen convocar a mesa de negociación.

Por que nos manifestamos?

Estamos a negociar un novo convenio que regule as nosas condicións de traballo. A patronal, os “donos da sanidade privada”, insiste en non querer mellorar as nosas condicións de traballo e incluso en quitarnos dereitos que xa tiñamos. Súmalle a isto que suspenderon unilaterlamente as negociacións.

Que nos ofrecen?

Os donos da sanidade privada da provincia de A Coruña limítanse a subir ata o mínimo legal o salario dos que menos cobramos, e a cambio queren quitarnos o que cobramos por antigüidade ou que deixemos de cobrar o 100% en caso de baixa médica

Que pedimos nós?

Aumento salarial: acorde ao coste da vida. Temos salarios dos máis baixos do mundo laboral, algúns de nós por convenio cobra menos do salario mínimo legal. Reducción da xornada anual: dentro do sector sanitario somos dos que máis horas anuais traballamos; máis que na provincia de Pontevedra, máis que no H. POVISA ou unhas 200 horas máis que no SERGAS.

Actualización dos permisos. Cobro dos domigos traballados.

Esiximos retomar as negociaicións XA.

 

 

Volver