Manifestación SOS sanidade pública

1 de febreiro en Compostela, saída da Alameda ás 12 da mañá

A Xunta debe saber que nunca xamais a poboación galega renderase diante desta inxustiza

Queremos frear

  • a destrución e y privatización do sistema sanitario público galego.

Reclamamos

  • acceso libre e sen demoraa a atención primaria.
  • poñer fin as listas de espera e acabar co seu ocultamento.
  • medidas urxentes para reforzar a atención primaria, a atención hospitalaria, a saúde mental e a saúde pública

Denunciamos

  • a desviación de miles de pacientes e cartos dos hospitais públicos aos privados.
  • o crecemento exponencial dos seguros privados que xeran desigualdade e que son unha estafa que non resolven nada.
  • a perversa política sanitaria da xunta de galicia que:
  1. beneficia, cos impostos de todas e todos, á sanidade privada:hospitais privados (ribera salud, quirón, vithas...), empresas multinacionais, fondos de inversión, laboratorios farmacéuticos, empresas que fabrican equipos tecnolóxicos, profesionais corruptos
  2. prexudica á maioría da poboación: especialmente a infantil, persoas maiores, con enfermidades crónicas, embarazadas….  poñendo cada vez máis dificultades para acceder aos centros de saúde e hospitais públicos.

Volver