MATRONA, A CATEGORÍA OLVIDADA NA ATENCIÓN PRIMARIA
Coa Produtividade Variable non chega, esiximos a inmediata negociación do réxime xurídico e do sistema retributivo de Matronas de Atención Primaria
- Atención primaria
- Especialidades de enfermería
- Sanidade Pública
No ano 1993 publicouse o Decreto, do 29 de xullo, de Ordenación da Atención primaria en Galiza, que regula as retribucións de todo o persoal de Atención Primaria, EXCEPTO as Matronas. Recolle na disposición transitoria cuarta que “O consello da Xunta de Galiza regulará o réxime xurídico e retributivo das prazas de enfermeira obstétrico-xinecolóxicas”.
CASE 30 ANOS DESPOIS a Consellaría de Sanidade non tivo tempo de presentar ningunha proposta de réxime xurídico e retributivo para este colectivo.
Por que será?
Será por que todo o relacionado coa saúde da muller ocupa un papel secundario?
QUE CONLEVA ESTA SITUACIÓN?
Un sistema retributivo baseado nun mapa sanitario do ano 1989 que non recolle a poboación actual dos concellos.
Un sistema retributivo que condena ás matronas a perdas retributivas de mais de 100€ mensuais cando cambian de concello, aínda que teñan máis tarxetas sanitarias.
Un sistema retributivo que non recoñece os conceptos que se pagan a outros colectivos: produtividade variable, número de tarxetas sanitarias, dispersión, illamento... A prestación de servizo en diferentes concellos con importante distancia entre si.
Un sistema retributivo inxusto, que non recoñece a carteira de servizo actual que realizan, é dicir as prestacións sanitarias que prestan.
Unha disfuncionalidade entre a prestación de servizo e as retribucións, xa que a poboación dos concellos mudou moito dende o ano 1989, e que se agrava ao non ter desenvolvido o pago de TIS.
Que non teñen un ratio de mulleres a atender por Matrona.
Agora o SERGAS leva á Mesa Sectorial do 13 de maio incorporar o pago da produtividade variable para as Matronas, pero esquece todo o resto do sistema retributivo das Matronas de Atención Primaria.
COA PRODUTIVIDADE VARIABLE NON CHEGA, A CONSELLARÍA DE SANIDADE ten obriga de rematar con estes 29 anos de penalización.