Mesa de negociación do novo pacto de selección temporal

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

BLOQUE I: I. Normas Xerais e II. Selección de persoas aspirantes

Alegacións de CIG-Saúde que foron aceptadas: - As fundacións participarán nas comisións periféricas nas que teñan contratación.

- Valoración da participación en OPE 2006 na categoría de condutor/a.

- Selección dos distritos limítrofes aos que se acepta ir voluntariamente.

- Na área especial de TER de TAC e RMN, aceptan valorar o desdobre en dúas áreas especiais independentes.

- Esgotada unha área especial se acudirá á lista xeral do mesmo distrito.

CIG-Saúde denunciamos o que está acontecendo nas áreas coas persoas que teñen informes de UPRL e que precisan adaptacións de posto. Esiximos que se lles oferten todos os contratos que lles correspondan e que despois se lles adapte o posto.

CIG-Saúde insistimos na eliminación da puntuación COVID expoñendo que se vai manter durante moitos anos e que se vai sumar á puntuación COVID da OPE.

CIG-Saúde insistimos na eliminación das probas prácticas das categorías de xestión e servizos posto que son procedementos opacos e que as xerencias dirixen para quedarse coa persoa que queren.

CIG-Saúde solicitamos que se manteñan os 60 días para as áreas especiais, posto que o único que se consegue é fraccionar cada vez mais a lista xeral, e cando o acceso a estas áreas especiais está moi restrinxido.

CIG-Saúde solicitamos que con posterioridade ao pacto se elaboren procedementos de xestión das listas pool, da formación práctica específica e para o sistema de selección específica de postos “con perfil” nas listas de FEAs.

BLOQUE II: III. Xestión de chamamentos

O SERGAS presentou no reunión a seguinte proposta, que está pendente de valoración.

a) Procedemento de xestión.

Infórmannos de que a partir do novo pacto se porá en funcionamento un sistema de xestión de chamamentos telemático, mantendo o sistema telefónico para supostos específicos.

  • Como acceder ao sistema telemático: a través do FIDES coa chave 365 ou con certificado dixital.
  • Quen pode acceder á visualización das ofertas: todas as persoas aspirantes que estean admitidas e que estean dispoñibles, e tamén os/as novas inscritas que están “fóra de lista” que teñan o título validado no FIDES.
  • Como saben que hai ofertas: enviarán SMS e/ou email previo, avisando de que hai ofertas dispoñibles na súa categoría.
  • Cando están visibles os contratos: de luns a venres, abrirase unha ventá de tempo desde as 20,00h do día anterior ás 10,00h do día seguinte. Este horario podería ter algunha variación por razóns organizativas ou técnicas.
  • Durante ese período de tempo poderase acceder a través do FIDES ao módulo telemático:
    • Pódense seleccionar todos os vínculos por orde de preferencia, unha parte deles, ou ningún, sen penalización.
    • Durante o tempo que está aberta a oferta, pódense facer todas as modificacións que se queira.
    • Poderase descargar/imprimir a última selección de contratos efectuada.
  • A adxudicación dos contratos será automatizada.
  • Notificarán por SMS e/ou email tanto as adxudicacións, como que non se adxudica nada.
  • Se unha persoa resulta adxudicataria dun contrato, e renuncia, será penalizada.
  • Será de aplicación para TODAS as categorías.

Que se oferta polo sistema telefónico:
- As ofertas que resulten sen adxudicar polo sistema telemático, e sempre que non poidan ofrecerse no seguinte día, facendo 2 chamadas con 10 minutos entre eles, sendo obrigatoria a aceptación.
- Os contratos do pool.
- As ofertas polas listas de discapacidade intelectual.

CIG-Saúde solicitamos que se estableza unha data de adxudicación igual en todas as áreas.

CIG-Saúde denunciamos que este sistema non corrixe o problema existente coas persoas que están facendo
unha substitución, que non van estar dispoñibles ata que a persoa titular se incorpora.

CIG-Saúde solicitamos unha maior transparencia na visualización das persoas dispoñibles a través do FIDES,
para que se poida ver en tempo real que tipo de contrato ten cada quen.

b) Criterios de adxudicación dos nomeamentos.

Nas listas autonómicas, as persoas que se atopen nun contrato de longa duración nun distrito preferente,
ofertaranlle os contratos de longa duración do resto de distritos preferentes.

Nas listas que sexan compatibles, ofertarán os contratos de curta e longa duración da outra categoría aínda
que teñan contrato en vigor.

Manteñen para as áreas especiais que se oferten contratos de ata 180 días. Se non houbese ninguén de
áreas especiais acudiríase á lista xeral.

En Promoción interna manteñen a alternancia do 50%. Inclúen a alegación de CIG-Saúde, e nas listas
autonómicas, a alternancia farase a nivel de distrito.Será compatible a inscrición nas listas da categoría pola quenda de discapacidade intelectual, e tamén pola de libre.

Melloras de contrato: nos casos de maternidade, paternidade, prestación por risco laboral no embarazo e IT
común relacionada co embarazo, ofertaranse todos os vínculos.

  • Se resulta adxudicataria, farase o contrato se o INSS o permite, e de non poder ser así, garantirase a valoración dos servizos prestados dende o 1º día.

c) Indispoñibilidade.

Presentan unha orde de chamamentos nas situacións de esgotamento das listas.

1º Se son contratos inferiores a 60 días, acudirase á quenda de promoción interna.
2º Distritos preferentes de aceptación voluntaria.
3º Distritos limítrofes. A aceptación será voluntaria.
4º Pool.
5º Fóra de lista.
6º Listas subsidiarias.

Volver