Mesa Sectorial 13 xullo de 2022
Postos de dificil cobertura. Estatuto Marco.
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
1.- Medidas de selección e provisión de postos de difícil cobertura.
Entregan para valoración un documento que vai a 3 anos coas principais novidades:
1. Posibilidade de convocar procesos selectivos específicos e excepcionais polo sistema de concurso para os seguintes colectivos (con título de especialista):
- Persoal facultativo especialista dos hospitais dos distritos sanitarios de Cee, A Barbanza, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín, O Barco de Valdeorras e O Salnés.
- Persoal facultativo especialista de atención primaria (FEAP) e pediatra e atención primaria.
- O persoal especialista de nova incorporación previsto no anexo 3 do Plan de Saúde Mental de Galicia Poscovid-19 (período 2020-2024
2. Garantías de incorporación e permanencia no posto adxudicado:
- Obriga de incorporación efectiva e permanente ao servizo activo
- Permanencia de 2 anos para participar no concurso de traslados.
3. Carreira profesional
O persoal facultativo que supere o apartado anterior verá reducido o acceso ao grado I en 3 anos.
4. Valoración da experiencia profesional
Nestes procesos de concurso así como calquera proceso selectivo ou concurso de traslados de persoal facultativo, os servizos prestados nos hospitais dos distritos sanitarios de Cee, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín e O Barco de Valdeorras computarán o triple da puntuación que se estableza.
Dan 10 días de alegación ao documento presentado.
CIG-Saúde lamentamos a oportunidade perdida na negociación do Estatuto Marco de posibles medidas que se poidan tomar para estas prazas de difícil cobertura
2.-Medidas de adaptación ao Real Decreto-lei 12/2022, do 5 de xullo, de modificación do Estatuto Marco.
De acordo á modificación do Estatuto Marco haberá dous tipos de nomeamentos:
- Interinos
- De substitución
Dentro dos interinos hai 3 posibles supostos:
a) En praza vacante, máximo 3 anos.
b) Execución de programas de carácter temporal (asimilable aos servizos determinados) necesariamente debe levar inicio e fin do contrato, que en ningún caso excederá aos 3 anos.
c) Acumulación de tarefas: máximo 9 meses en 18meses.
En canto aos nomeamentos substitucións establécense 3 supostos:
a) Substitución de permisos, vacacións, dispensas...., casos que supoñan reserva de posto
b) Substitución parcial: gardas de ata dúas persoas, ..., non superarán o máximo de 3 anos
c) Redución da xornada ordinaria do persoal estatutario.
O SERGAS di que debido aos cambios informáticos e selección temporal que hai que facer, van a retrasar ata outubro a modificación disto agás o prazo máximo dos 3 anos, que será desde a entrada do Estatuto.
Tamén anuncia que haberá modificacións na: orde de vínculos, orde de ceses e pacto de contratacións.
CIG-Saúde:
- Esiximos que se convoque o grupo de traballo de permisos e licenzas xa que entendemos que hai que adaptalos á nova normativa.
- Para os criterios de cese enténdemos que ten que haber un sistema identificativo de prazas, xa que senón vai ser imposible seguir a normativa.
3.- Rogos e preguntas
- Solicitamos que se trate o déficit de profesionais que hai tamén no ámbito hospitalario, moi acusado nalgunhas categorías como enfermeiras e que levan a imposibilidade de desfrute de permisos, vacacións, libranzas...
O SERGAS acepta establecer uns criterios xerais de aplicación pero négase a negociar retribucións de xornada complementaria para o ámbito hospitalario, citan o programa especial como únicas retribucións.
- Esiximos a convocatoria do grupo de traballo de medicina interna.
- Solicitamos a convocatoria do grupo de traballo de enfermería.
- Solicitamos o grupo de traballo de permisos e licencias.
- Solicitamos que se aborde o cómputo de xornada.
- En canto aos "obxetivos" das matronas en atención primaria, o SERGAS di que o pago vai ser a partir do 1 de xullo de 2022, non terá polo tanto o carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 2022.