Mesa sectorial 14 de abril de 2023
Resume de temas tratados e demandas de CIG-Saúde
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Novas prioridades de negociación
CIG-Saúde demandamos do SERGAS que se traten temas que afecten a todos os traballadores/as, e iso sería posible recuperando os acordos suspendidos.
CIG-Saúde compartimos que hai que tratar o tema do persoal residente pero hai que empezar primeiro por aplicar o que xa hai actualmente.
CIG-Saúde insistimos en que temos que por en valor o acordo retributivo 2008-2012, e negociar a súa recuperación.
CIG-Saúde recordamos que tiñamos solicitado o grupo de traballo de medicina interna, e que quedou sen resposta.
CIG-Saúde solicitamos novamente a convocatoria da comisión de seguimento do acordo de urxencias hospitalarias, sen que tivéramos resposta. O SERGAS informou de que están analizando a situación nas áreas e que teñen intención de traelo á mesa proximamente.
Quedamos emprazados a outra reunión o vindeiro 20 de abril para negociar as condicións retributivas do persoal estatutario e do persoal residente en formación, en canto ás gardas e atención continuada.
Concurso de traslados aberto e permanente 2023
Informan de que están pendentes de definir a semana que vén os destinos que van ofertar na OPE, e posteriormente negociarase o listado de prazas que sairán a CTAP nesas categorías.
A intención é publicar as prazas que se ofertan no CTAP de todas as categorías ao mesmo tempo, abrindo conxuntamente o prazo de 15 días para a modificación dos destinos solicitados.
Plan de transición xeracional do persoal facultativo especialista de área nas especialidades deficitarias. Exposición das liñas xerais.
O SERGAS presentou unha proposta que consiste en facer unha bolsa de emprego específica para o persoal residente que vaia rematando, para ofrecerlles contratos de 2 anos de duración en lugares que previsiblemente vaian producirse xubilacións. Esta medida aplicaríase durante 3 anos.
Esta bolsa non impediría o normal funcionamento das listas de FEAS, a través da que se cubrirán todos os contratos (vacantes, substitucións...) e nas que se terían que incorporar estes novos titulados/as.
CIG-Saúde expuxemos que teremos que valorar a proposta presentada, pero de entrada consideramos que se produce un agravio comparativo con respecto ao persoal que está actualmente nas listas.
Outros temas
CIG-Saúde solicitamos que se recupere unha medida de contratacións que estaba incluída no Plan de continxencias COVID. Solicitamos que, na categoría de enfermeiro/a, se oferten contratos de curta duración ás persoas vinculadas en contratos de longa duración noutras categorías, que serían de aceptación voluntaria e que manterían reservado o contrato de longa duración.
CIG-Saúde preguntamos pola previsión de resolución da OPE en curso. Informan de que teñen intención de publicar as prazas en abril, pero que está aberto o prazo de 1 mes para a presentación de documentación, e aínda non remitiron a documentación todos os participantes.
CIG-Saúde preguntamos pola publicación do Decreto de oferta da lei 2/2022 e as convocatorias do concurso de méritos. Informan que o Decreto se publicará a semana que vén, e posteriormente as convocatorias, abrindo un prazo de presentación de solicitudes o suficientemente amplo como para que os novos titulados/as poidan participar.
CIG-Saúde solicitamos que se trate na mesa sectorial o tema das medidas de igualdade en relación coa maternidade. Para CIG este é un tema prioritario.
CIG-Saúde solicitamos que se reúna a comisión de permisos e licenzas, sobre todo para adaptar o xa tratado coa modificación do Estatuto marco e os dereitos do persoal temporal.
CIG-Saúde insistimos en que consideramos importante tratar na mesa sectorial a xornada do persoal temporal, ao que se lles aplica unha fórmula que claramente o prexudica.
CIG-Saúde solicitamos que se negocie o concurso específico de especialista en enfermaría familiar e comunitaria, e tamén de enfermaría xeriátrica.
CIG-Saúde solicitamos que os contratos de servizos determinados de 8 meses ata o 31/12/2023, que se están ofertando como longa duración con carácter obrigatorio, sexan de aceptación voluntaria por non ter a duración de 1 ano. O SERGAS non acepta que sexan voluntarios.
CIG-Saúde solicitamos unha revisión da manutención dos PAC, e tamén que hai xerencias que están negando a comida e a cea ás persoas que prestan servizos durante 24 horas, concedendo só a cea.
A Directora de RRHH informa que o Manual de ausencias se publicará no DOG a finais de abril. Hai 2 temas que non van estar operativos no FIDES ata o mes de xuño:
- Xestión dos permisos no FIDES.
- Desglose no FIDES das prolongacións e intersubstitucións realizadas.