Mesa sectorial 29 outubro 2022

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Criterios relativos aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021.

O SERGAS informa de que no Consello interterritorial houbo acordo sobre as Recomendacións para os procesos de estabilización.

En base así o SERGAS propón algún dos seguintes criterios

  • Orde dos procesos: publicaranse primeiro as convocatorias do concurso-oposición, e os concursos de méritos a finais de ano. Pero resolveranse primeiro os concursos de méritos que os concurso-oposición.
  • Limitación na autorización de comisións de servizo.
  • Concurso de méritos: Propoñen que, en analoxía coa fase de concurso do concurso-oposición, a puntuación máxima sexa de 40 puntos.
    • Méritos profesionais: só se valorarán servizos prestados nos servizos de saúde do SNS. Suporán un 70% do total que se acadaría aproximadamente con 15 anos. Dando o dobre de puntuación ao servizos da mesma categoría no SERGAS.
    • Méritos curriculares: Menos dun 30% (co baremo actual da fase de concurso).
    • Lingua galega: o SERGAS propón que puntúe 4 puntos.

 

Rogos e preguntas:

CIG-Saúde preguntamos polas tomas de posesión de OPE e concurso de traslados 2022. O SERGAS informa que teñen un problema de prazos pero que se comprometen a que a mais tardar a 15 de decembro telos resoltos.

CIG-Saúde denunciamos o que está acontecendo cos contratos de continuidade. O SERGAS confirma que as persoas que rematan os 3 anos do contrato de continuidade , van a pasar a interinidade con opción voluntaria, que así o acordaron na comisión de seguimento do contrato de continuidade. Confirman que o fan conscientemente porque pretenden a promoción destes contratos de continuidade

CIG-Saúde solicitamos que todas as prazas que se inclúan na oferta de emprego ordinaria do 2022 que nos presentarán a finais de ano, se sumen ás convocatorias de concurso-oposición da OPE de estabilidade.

No caso concreto da OPE de enfermeira/o, o SERGAS confirma que a intención é resolver entre febreiro e abril o concurso de méritos, e no mes de maio facer o exame da fase de oposición

Aclárase que a suba salarial do 1,5% que se vai aplicar este ano, non é unha suba do 1,5% sobre o valor actual. Se non que, do valor actual restaríase o 2% que aplicaron a primeiros de ano e sumaríanlle o 3,5%.

Volver