Mesa sectorial 5 de outubro 2022

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

1- Criterios de estabilización derivados da Lei 20/2021

Derivado desta lei hai dúas vías de acceso:

  • Concurso - oposición. É probable que se manteña a estrutura de baremo que se viña aplicando.
  • Concurso de méritos. Pendente de negociación, entregarán nun prazo breve un documento de criterios xerais para valorar.

CIG-Saúde reiteramos que esta Lei non vén para acabar coa temporalidade, senón que dificulta os procesos que xa tiñamos e crea desigualdades entre colectivos e incluso dentro da mesma categoría.

2- Outros

  • O SERGAS informa que o día 7 publícase en DOG os criterios de incorporación e ceses negociados na última Mesa Sectorial.
  • O SERGAS presenta instrucións de incorporación e cese para as tomas de posesión de FEAs de Medicina interna e Traumatoloxía.
  • Toma de posesión do concurso-oposición de Técnicos Superiores e FEAs pendentes: en novembro xunto coa toma de posesión do concurso de traslados aberto e permanente.
  • Toma de posesión de Facultativos Especialistas en Atención Primaria farase xunto a toma de posesión do concurso de traslados aberto e permanente (CAP) de Médicas/os de familia, polo que adiantarase o CAP nesta última categoría (probable en outubro).
  • Enfermeira/o: o SERGAS non ten claro incluír na convocatoria actual as prazas deste ano xa que suporía abrir de novo o prazo para anotarse e retrasaría a data do exame. Co que se non houbese modificacións da convocatoria teñen previsto os exames antes do verán de 2023.

3- Rogos e preguntas:

  • CIG-Saúde denuncia que na área sanitaria de Ourense se deron dúas interinidades na categoría de enfermeira/o cunhas condicións inaceptables (incluía a cobertura de ausencias noutra localidade diferente á propia da interinidade) e insta a que se rectifique.

    O SERGAS comunica que xa dou instrucións para rectificalo.

  • CIG-Saúde solicita novamente as medidas de igualdade pendentes de publicar en DOG e a data probable de publicación.
  • CIG-Saúde solicita información sobre cal vai ser o incremento de persoal que ten previsto que vaia nos orzamentos do próximo ano.

Volver