Mesa sectorial 5 decembro

Criterios básicos dos baremos das convocatorias dos procesos de estabilización da lei 20/2021

  • Mesa Sectorial
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde non asina os criterios básicos dos baremos das convocatorias dos procesos de estabilización de persoal estatutario derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

O acordo foi asinado na mesa de hoxe por CCOO, UGT, SATSE e CSIF.

Para CIG-Saúde a lei de estabilidade non estabiliza, estamos a falar dunha lei que mantén a taxa de reposición e que polo tanto, non convoca a totalidade das prazas existentes, o único que fai é crear desigualdades no acceso entre categorías e incluso dentro da mesma categoría.

Con estes criterios, o SERGAS impide que a promoción interna acceda a unha praza pola vía do concurso de méritos, xa que co baremo asinado é imposible que ningún/ha aspirante acade praza, nin polo acceso de libre, xa que non serán valorados os servizos prestados como temporal na categoría na que se está promocionado/a.

CIG-Saúde estaríamos dispostas a negociar unha lei de estabilidade real, coa convocatoria de todas as prazas e coa eliminación da taxa de reposición!!

Volver