Mesa sectorial 8 de febreiro de 2023

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Modificación do baremo do concurso de traslados aberto e permanente de facultativos/as especialistas en centros comarcais

En aplicación da lei 2/2022, as categorías nas que se vai modificar o baremo son:

  • Médico/a de atención primaria
  • Pediatra de atención primaria
  • Médico asistencial do 061
  • FEAs
  • Médico/a de urxencias hospitalarias

Os servizos prestados nos hospitais dos distritos sanitarios de Cee, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín e o Barco de Valdeorras computarán o triplo da puntuación establecida.

Oferta pública de emprego derivada da Lei 2/2022, do 6 de outubro

Vai dirixida a postos de difícil cobertura dos seguintes colectivos:

  1. a) Persoal facultativo especialista dos hospitais dos distritos sanitarios de Cee, A Barbanza, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín, O Barco de Valdeorras e O Salnés.
  2. b) Persoal da categoría de facultativo/a especialista de Atención Primaria e pediatra de atención primaria.
  3. c) O persoal facultativo especialista de área en Psiquiatría e Psicoloxía Clínica e enfermeiro/a especialista de Saúde Mental.

Entregan o cadro co número de prazas e de acordo a esta lei, serán convocadas todas pola vía do concurso de méritos.

As convocatorias que executen a oferta de emprego concretarán o número de postos ofertados por centro,  categoría e especialidade.

O SERGAS anuncia que o prazo de presentación de solicitudes permitirá ás/ós MIR e EIR que rematan a formación este ano, que poidan participar.

Concurso de traslados aberto e permanente na categoría de médico/a de familia e incorporación da OPE pendente de concurso de méritos

O SERGAS ten a intención de adiantar estas tomas de posesión a maio para posteriormente ofertar as interinidades que resulten, co fin de poder ofertar maior estabilidade ao persoal residente que remata na formación.

CIG-Saúde esixirá que estes contratos de longa duración se oferten en primeiro lugar ao persoal das listas de contratación vixentes.

Información sobre a aplicación de determinados aspectos da normativa de incompatibilidades

O SERGAS pretende ser menos restritivo co informe que emiten para que función pública autorice a compatibilidade.

Din que actualmente se denegan tódalas compatibilidades con centros concertados e pretenden autorizar aqueles informes de compatibilidade nos que o/a profesional e/ou o centro concertado no que traballan certifiquen que non atenden pacientes derivados ao centro da sanidade pública.

CIG-Saúde pregunta porque agora esta medida?

Desde CIG-Saúde púxose en valor a defensa da sanidade pública e a defensa dun complemento que retribúa a dedicación exclusiva. E defendemos o rigor na autorización de compatibilidades, especialmente no que se refire ás xefaturas de servizo.

Tamén se deixou clara a posición de que se hai axentes sociais, colexios ou sindicatos que están dando a pelexa por eliminar esta retribución, nós daremos a pelexa polo contrario, xa que o entendemos como posta en valor do público.

Outros temas

CIG-Saúde solicitamos unha reunión da comisión de seguimento do acordo de urxencias hospitalarias.

CIG-Saúde solicita que se convoque o grupo de traballo de enfermeiros/as para falar da situación global da profesión. Os datos de atención primaria son alarmantes, especialmente nalgunha área, en canto ao déficit de profesionais desta categoría e ratios. Cremos que esta situación tamén se dá en atención hospitalaria. É necesario falar de ratios e da profesión.

CIG-Saúde solicita unha reunión do grupo de traballo de permisos e licencias. Urxe por exemplo, falar da distinta aplicación por parte das Xerencias do permiso de maternidade (MAE, as 6 semanas do SERGAS) no persoal temporal.

CIG-Saúde solicita aclarar as condicións de traballo dos/as FEAP, xa que pese a non estar de acordo con esta categoría, entendemos que nas Xerencias non se está a actuar con criterio á hora dos descansos, reparto de gardas...etc.

CIG-Saúde solicitou o concurso específico para a especialidade de enfermería familiar e comunitaria.

Volver