Mesa sectorial 3 de xuño
Concurso específico, CTAP, Urxencias do CHUO, Plan ordenación RRHH Vigo
- Concurso de traslados
- Especialidades de enfermería
- Mesa Sectorial
Concurso específico de Enfermería familiar e comunitaria.
O SERGAS expón que:
- As bases do concurso específico que se van aplicar son as publicadas no 2018: so poden participar as enfermeiras fixas con destino no centro no que se oferta praza no concurso específico, e que teñan o título de especialista en familiar e comunitaria.
- Amplíase a 182 prazas. Inicialmente están excluídas as prazas de enfermeiras/as en cupos exclusivamente pediátricos.
CIG-Saúde solicitamos que non se exclúan as prazas en cupos pediátricos.
Quedaron en valorar con Asistencia sanitaria se poden sacar estas prazas.
CIG-Saúde esiximos unha aclaración sobre o que pasa coas supervisións. Se as prazas básicas se transforman en especialista, CIG entendemos que tería que cesar a substituta e cubrirse cunha enfermeira especialista.
O SERGAS quedaron en revisar se corresponde que continúe a mesma persoa aínda que cambie de categoría na praza base.
Este concurso farase nunha única convocatoria.
O concurso específico sairá en xuño e estará rematado antes de que se resolva o CTAP 2026.
No período ventana do CTAP do 2026 deberán decidir se continúan no concurso de traslados ou non.
o Se non continúan, seguirán no proceso de concurso específico.
o Se continúan no CTAP e resultan adxudicatarias dunha praza de enfermeira xeralista, terán que tomar posesión da mesma e deixar a de especialista en excedencia, ou de non facelo a praza de enfermeira quedaría en excedencia voluntaria.
Queda pendente de que nos envíen as prazas para alegacións antes do 10 de xuño
Concurso de traslados.
Non aceptaron a alegación de todas as OOSS de eliminación do prazo de un ano.
Informan que a oferta de prazas do ano 2026 vai incluír:
- Prazas vacantes ocupadas a 31/12/2025.
- Prazas vacantes puras (sen interino) a 31/12/2025 das categorías de médico/a de familia e pediatra de atención primaria, e que continúan vacantes puras a 31/03/2026.
Enviarán o cadro coas prazas neste mes de xuño para alegacións, e despois ter unha mesa monográfica.
CIG-Saúde solicitamos que se ofertaran todas as prazas vacantes puras en todas as categorías.
CIG solicitamos que se definan as quendas dentro da AP. Denunciamos que se están facendo reestruturación dos centros e das prazas sen ningunha planificación coñecida. Estanse creando prazas con varios centros e despois a prestación é de correturnos ou como quere a xerencia.
Información de medidas a adoptar no Servizo de Urxencias Hospitalarias do CHUOU.
Comunican que na próxima lei de medidas se vai declarar ao Servizo de urxencias de Ourense como centro de difícil cobertura, a efectos que poidan acceder por concurso de méritos.
Indican que se informará na comisión de seguimento de carreira, de darlle unha puntuación adicional na área IV por prestar servizos no servizo de urxencias do CHUO.
CIG-Saúde denunciamos que son medidas a longo prazo posto que serán efectivas no 2027-2028.
Hai que buscar outro tipo de medidas. As medidas deben ser para este ano, e que pasen a difícil cobertura.
CIG solicitamos que o incentivo sexa para as persoas que no período concreto no que hai indispoñibilidade estean prestando servizos nese centro considerado de difícil cobertura. Solicitamos que se defina ese período que debera comprender todos os anos nos que hai unha dificultade manifesta de cobertura.
Solicitamos que se faga unha oferta temporal con todas as vacantes para a cobertura do servizo, e non que se pretenda cubrir de unha en unha.
Denunciamos tamén o trato que da ás profesionais a xerencia de Ourense. Dixemos que coas coaccións non se reteñen profesionais. Que con medidas a longo prazo podemos atoparnos cun servizo totalmente desmontado.
CIG deixamos claro que a solución non está en poñer cartos enriba da mesma. A solución está en cubrir as prazas todas xuntas.
Plan de Ordenación de RRHH de Vigo.
Proponse establecer un límite temporal do Plan de ordenación de RRHH do 2015 de Vigo, cando as categorías de oficios pasaron á privada e que se lles permitiu compatibilizar en diversas categorías.
CIG solicitamos datos das persoas que están compatibilizando nas distintas categorías. Remitiremos a nosa posición por escrito.
CIG-Saúde pregunta pola reorganización dos RRHH de Vigo diante do pase de 4500 pacientes de POVISA ao CHUVI. É un tema gravísimo. Hai un cambio de modelo asistencial en POVISA, e hai servizos que antes se prestaban en POVISA e agora se prestan no CHUVI sen incrementar os recursos e sen un plan de ordenación que dea soporte a esa actividade.
Tamén se pregunta se teñen pensado facer algo logo dos cambios que se teñen feito na atención primaria de Vigo, onde se modificaron centros, destinos e quendas, sen soporte legal suficiente.