Mesa sectorial de sanidade do 11 de xuño

Carreira profesional e outros temas

  • Carreira profesional
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

CARREIRA PROFESIONAL

Unha vez rematados os procesos de encadre e excepcionais de carreira, para o recoñecemento dos distintos graos de carreira aplicarase o baremo recollido nas bases do acordo de carreira profesional ordinaria do ano 2018.

Dito baremo consta de 4 Áreas:

• Área I: Actividade asistencial ou profesional
• Área II: Competencia asistencial ou profesional
• Área III: Formación, docencia investigación e innovación
• Área IV: Implicación e compromiso coa organización

As Áreas I e II están pendentes de desenvolvemento.

Na Mesa sectorial de hoxe aprobáronse os baremos das Áreas III e IV que se incluirán nas convocatorias anuais de carreira profesional ordinaria que se publiquen a partir de agora.

PROVISIÓN DE POSTOS DE XEFATURA E COORDINACIÓN EN ATENCIÓN PRIMARIA

A Administración informa do Acordo do Consello de Dirección da Consellería de Sanidade sobre a provisión de postos de xefatura e coordinación no ámbito da Atención primaria que será publicado en DOG.

No caso de provisión destes postos a través do sistema de libre disposición; poderá requirirse o compromiso de elaborar un plan local de saúde; e tamén a provisión simultánea ou vinculada de postos de xefatura e coordinación con proxectos de xestión consensuados e coordinados.

CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉDICO/A DE HADO

A Administración presenta un borrador de convocatoria de concurso específico de médico/a de HADO, para o persoal fixo a través dun concurso de méritos, abrindo un prazo de alegacións ata o 28 de xuño de 2021.

OUTROS TEMAS

CIG-Saúde solicitamos a recuperación dos acordos suspendidos dende o ano 2010, e que se traia á Mesa Sectorial un calendario de recuperación dos acordos.

CIG-Saúde solicitamos a creación de postos de Coordinación de formación de PSX que se encarguen da formación nas ferramentas e programas que son responsabilidade dos/as PSX.

Volver