Mesa sectorial de sanidade do 11 de xuño
Concurso-oposición (OPE)
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
NOVAS CONVOCATORIAS DE OPE
Na Mesa Sectorial pecháronse as bases das convocatorias de OPE das categorías de:
- Condutor/a
- Traballador/a social
- Costureiro/a, lavandeiro/a e pasador/a de ferro
- Técnico/a especialista, técnico/a de xestión e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.
- Diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área:
- cirurxía oral e maxilofacial
- cirurxía pediátrica
- cirurxía plástica, estética e reparadora
- inmunoloxía
- oncoloxía radioterápica
- Calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a
CIG-Saúde non está de acordo con estas convocatorias de OPE. Non recolleron ningunha das nosas alegacións:
- Negáronse á retirada da puntuación adicional polos servizos prestados durante a crise sanitaria da COVID-19
- Solicitamos que a puntuación adicional por prestación de servizos en centros illados se ampliase a todos os hospitais comarcais, e que se aplicara só nas categorías con indispoñibilidade de profesionais. A Administración négase a modificar este apartado indicando que é unha decisión estratéxica da Consellería.
No referente ás categorías de oficios nas que o requisito de acceso é “Graduado/a en educación secundaria obrigatoria, técnico/a (formación profesional de grao medio) ou equivalente”, é importante aclarar que o título de Graduado/a escolar considérase equivalente ao de Graduado/a en ESO aos efectos de cumprimento do requisito de acceso.
Estas convocatorias de OPE previsiblemente publicaranse no DOG no mes de xullo e a Administración comprometeuse a abrir un prazo amplo de presentación de solicitudes, tendo en conta o período estival.
RESOLUCIÓN DO CONCURSO ESPECÍFICO E OPE DE ESPECIALISTAS EN ENFERMARÍA PEDIÁTRICA
O luns 21 de xuño publicarase no DOG a resolución dos dous procesos (concurso específico e OPE) da categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.
DATAS EXAMES OPE 2021
Sábado, 18 de setembro de 2021 |
Domingo, 19 de setembro de 2021 |
FEA de Área de Alergoloxía FEA de Área de Anatomía Patolóxica FEA de Anxioloxía e Cirurxía Vascular FEA de Cirurxía Cardiovascular FEA de Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía FEA de Endocrinoloxía e Nutrición FEA de Hematoloxía e Hemoterapia FEA de Medicina do Traballo FEA de Medicina Física e Rehabilitación FEA de Medicina Nuclear FEA de Neurocirurxía FEA de Neurofisioloxía Clínica FEA de Oncoloxía Médica FEA de Otorrinolaringoloxía FEA de Reumatoloxía FEA de Uroloxía FEA de Xeriatría Médico/a de Admisión e Documentación Clínica |
FEA de Obstetricia e Xinecoloxía FEA de Psicoloxía Clínica Médico/a de Urxencias Hospitalarias Técnico/a superior en Radioterapia |
Sábado, 25 de setembro de 2021 |
Domingo, 26 de setembro de 2021 |
FEA de Anestesioloxía e Reanimación FEA de Aparello Dixestivo FEA de Cardioloxía FEA de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía FEA de Farmacia Hospitalaria FEA de Medicina Preventiva e Saúde Pública FEA de Nefroloxía FEA de Neuroloxía FEA de Psiquiatría |
FEA de Cirurxía Torácica FEA de Microbioloxía e Parasitoloxía FEA de Pediatría e as súas áreas específicas FEA de Radiofísica Hospitalaria Médico/a Asistencial do 061 Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía |
Sábado, 2 de outubro de 2021 |
Domingo, 3 de outubro de 2021 |
FEA de Medicina Interna Técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico |
FEA de Análises Clínicas FEA de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo FEA de Medicina Intensiva FEA de Oftalmoloxía FEA de Pneumoloxía FEA de Radiodiagnóstico Técnico/a superior en Hixiene Bucodental |
Sábado, 23 de outubro de 2021 |
Domingo, 24 de outubro de 2021 |
Técnico/a en Farmacia |
Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico |