CIG-Saúde esixe a recuperación dos acordos suspendidos

Mesa sectorial do 14 de abril de 2023

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde demandou a negociación dun novo acordo de mellora retributiva e das condicións de traballo para todas as categorías do SERGAS que recupere os acordos suspendidos dende o ano 2010, entre outras melloras.

Na vindeira semana, o 20 de abril, celebrarase unha nova xuntanza da mesa sectorial para abordar o seguinte tema:

Condicións retributivas: Estudio comparado das condicións retributivas do persoal estatutario e persoal residente en formación no Sergas no marco do Sistema Nacional de Saúde, especialmente para todas as categorías sanitarias e non sanitarias que realizan gardas e atención continuada. Así como tamén as retribucións vinculadas aos factores de festividade e nocturnidade e días de especial significación (24 e 31 de decembro).

Volver