Mesa sectorial de sanidade do 14 de xullo de 2021
Concurso específico do persoal médico de HADO e outros temas
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
CONCURSO ESPECÍFICO DO PERSOAL MÉDICO DE HADO
Apróbanse as bases e a convocatoria do concurso específico de persoal médico de HADO.
CIG-SAÚDE solicitamos que os servizos prestados fóra das unidades de HADO non se tiveran en conta para a valoración da experiencia profesional neste concurso específico.
A Administración aceptou reducir o valor/mes fóra das unidades de HADO, quedando da seguinte maneira o apartado de experiencia:
– Servizos prestados nas unidades de hospitalización a domicilio en institucións sanitarias do sistema sanitario público: 0,30 puntos/mes.
– Servizos prestados nas categorías de médico/a de familia de atención primaria, médico/a de urxencias hospitalarias, ou FEA nas especialidades de medicina interna ou xeriatría, en unidades asistenciais distintas ás de hospitalización a domicilio; en institucións sanitarias do sistema sanitario público: 0,15 puntos/mes.
– Servizos prestados noutra categoría/especialidade de persoal licenciado sanitario distinta das previstas no apartados anteriores, en institucións sanitarias do sistema sanitario público: 0,075 puntos/mes.
CIG-SAÚDE solicitamos que se incorporen na convocatoria deste concurso específico todas as prazas de incremento que o presidente da Xunta de Galiza dixo coas que se ían dotar os servizos de HADO.
A Administración informa que o Decreto de creación da categoría establece unha garantía de continuidade nas unidades de HADO nas mesmas condicións que viñan prestando servizo, a todas aquelas persoas fixas que, participando no concurso específico, non acaden praza, e tamén ás que voluntariamente decidan non participar.
REVISIÓN DAS PRAZAS DE MATRONA DE ATENCIÓN PRIMARIA DA ÁREA DE SANTIAGO-BARBANZA
A Administración informa que na área de Santiago había seis matronas en atención primaria incluídas en Zona básica 1, e que a partir do 01/08/2021 pasarán a percibir as retribucións correspondentes á Zona básica 2. Esta revisión suporá un incremento duns 2.300 € ao ano.
CIG-SAÚDE consideramos que é unha medida positiva pero que non é a solución. Polo que solicitamos que dunha vez por todas se aborde na Mesa Sectorial a ordenación das matronas en atención primaria e as súas retribucións que leva pendente dende o ano 2000.
A Administración entende que iso se terá que abordar unha vez remate o traballo no Consello técnico de Atención primaria sobre as carteiras de servizos, e en base a iso calcular os efectivos e o modelo retributivo que corresponda.
ROGOS E PREGUNTAS
A Administración informa que mañá 15 de xullo sairá publicado no DOG o decreto de prescrición enfermeira.
CIG-SAÚDE solicitamos que se nos envíe a instrución de gardas localizadas aprobada na mesa sectorial. A Administración informa de que xa está asinada e que está pendente de enviar.
CIG-SAÚDE solicitamos que a Consellería de Sanidade consolide para os orzamentos 2022, dentro do capítulo I de persoal, todas as prazas estruturais cubertas dende fai anos con contratos eventuais.
CIG-SAÚDE solicitamos que se estableza un calendario de recuperación dos acordos suspendidos, concretamente no referente á retribución do complemento específico.