Mesa sectorial de sanidade do 21 de maio
Información OPE
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
No día de hoxe publicarase na páxina web do SERGAS, con carácter INFORMATIVO, a relación de aspirantes seleccionados/as cos destinos adxudicados das categorías de:
- Fisioterapeuta
- Persoal de servizos xerais (acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral)
- Odontólogo/a de atención primaria
- Pediatra de atención primaria
- Médico/a de familia
- Enfermeiro/a especialista: matrón/a, de saúde mental, do traballo e enfermaría familiar e comunitaria.
- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral e discapacidade intelectual)
A primeiros de xuño publicarase no DOG a Resolución cos/as aspirantes definitivamente seccionados/as e os destinos adxudicados. A partir dese momento se abrirá o prazo de UN MES para a toma de posesión.