Mesa sectorial de sanidade do 28 de novembro de 2022
Carreira profesional, OPE, Concurso de traslados...
- Carreira profesional
- Concurso de traslados
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
Información sobre a convocatoria do ano 2022 de carreira profesional
Informan de que se vai publicar a convocatoria no DOG o 5 de decembro. O prazo de presentación de solicitudes irá do 05/12/2022 ao 31/01/2023. Considerarse que cumpre o requisito de servizo activo se a persoa presta servizos nalgún momento entre o 01/11/2022 e o 31/01/2023.
A partir do día 5 estará aberto o FIDES para todas as persoas que cumpran requisitos. Se alguén non ten habilitado o acceso e considera que cumpre os requisitos terá que reclamalo na comisión de avaliación da súa área sanitaria.
CIG-Saúde preguntamos se o persoal estatutario investigador ten acceso á carreira profesional. O SERGAS contesta que teñen dereito a acceder en igualdade de condicións que o resto de categorías estatutarias.
Outros temas
CIG-Saúde preguntamos pola toma de posesión de OPE e CTAP das categorías que acaban de elixir destino. Informan que publicarán a resolución definitiva abrindo o prazo de toma de posesión aproximadamente sobre o 12 de decembro.
CIG-Saúde preguntamos cando van publicar as medidas de igualdade para o persoal das listas de selección temporal. O SERGAS di que está previsto que se publiquen no DOG probablemente o 1 de decembro, sendo de aplicación a partir dese momento.
No concurso de méritos de FEAP quedaron 6 prazas sen cubrir, que se sumarán ás 15 que xa estaban pendentes (Redondela-Pazos-Fornelos, Moaña, Ponteareas, Monterrei, A Milagrosa).